R  / na túa casa  / novas
español   galego
combos
por que R?
novas
teléfono
internet
televisión
móbil
tenda R
 cliente R 
· 2012
· 2011
· 2010
· 2009
· 2008
· 2007
· 2006
· 2005
· 2004
· 2003
chamámoste gratis

novas

novas
Renovación da tarxeta do desco R Renovación da tarxeta do desco R

Como paso previo á implantación de novos e mellores servizos na televisión multicanle R, como o vídeo baixo demanda ou as novas aplicacións interactivas, imos modernizar as tarxetas que hai nos descodificadores que teñen os nosos clientes.

Como o faremos? Pois moi sinxelo: entre finais de marzo e mediados de maio lles enviaremos unha carta aos nosos clientes coa nova tarxeta. Unha vez que a reciban, só teñen que seguir as instrucións que lles adxuntamos e cambiar eles mesmos a vella tarxeta (de cor negra) pola nova (de cor morada).

É moi importante que os clientes fagan o cambio ou nos chamen ao 1449 se non reciben a carta coa tarxeta nun tempo prudencial (9 ou 10 días dende a data que lles indiquemos a través desta web), pois a vella tarxeta se dará de baixa e, se non se cambia pola nova, o sinal de televisión da televisión multicanle R deixará de recibirse.

NOTA: a data exacta de envío da tarxeta á túa casa e as instrucións para o cambio, poderás consultalas na web de clientes a partir do día 19 de marzo

E para facilitarlles as cousas aos nosos clientes, imos poñer nos distribuidores e tendas R un punto habilitado para que depositen as vellas tarxetas. Entre todos aqueles que o fagan sortearemos dous móbiles iPhone 3GS 16 GB totalmente liberados.Consulta aquí as bases do sorteo.
RSS enviar por email imprimir