|
|
 |
catálogo
 |
 |
catálogo R é unha escolma de novos contidos audiovisuais de primeira liña (series e filmes principalmente) que poderás desfrutar por moi pouco diñeiro cando queiras a través do teu televisor.
ademais, unha vez que mercas un evento, dispós de 24 horas para volver a reproducilo cantas veces queiras. E poderás realizar o visionado como se se tratase dun vídeo: pausar, avanzar, etc.
prezos de catálogo R |
 |
 |
 |
 |
 |
|
 |
|
 |
|
serie prime time preestrea
|
|
 |
|
 |
 |
 |
|
 |
|
 |
2,5 €/episodio (2,7 €/mes IVE inc)
|
|
 |
1,5 €/episodio
(1,62 €/mes IVE inc)
|
|
 |
 |
 |
 |
acceso a catálogo R
unha das formas de acceder a catálogo R é dende a guía electrónica de programación, pulsando OK no mando universal R.
seleccionando a parte dereita do menú (coas teclas direccionais do mando), vas á parte do catálogo, onde podes ver todos os contidos de pagamento dispoñibles, como series, películas, documentais:
unha vez dentro destes contidos, unha pequena lapela xa te informa de que estás a ver contidos que forman parte de "catálogo" e que, polo tanto, teñen un custe.
podes consultar datos en detalle das películas e series que están á túa disposición, e algúns eventos mesmo contan con información enriquecida, como o cartel do filme ou ben o seu trailer. Tamén terás información sobre o prezo de cada evento e a sinopse:
unha vez mercado un evento, se pulsas na tecla OK do mando universal R, tes as mesmas opcións que se estiveses ante un DVD. Verás as opcións básicas de play, stop, ir para atrás, avanza (se clicas máis dunha vez aquí, podes avanzar máis rápido: x2, x8, x32...) e un botón de configuración (audios, subtítulos...). iso si, tamén podes utilizar os botóns do mando universal R para reproducir, adiantar, pausar, parar... E tamén verás unha barra temporal que che dá unha idea do tempo transcorrido da película, serie ou documental:

outra forma de acceder aos contidos do catálogo é premendo o botón VOD ou o botón GUÍA do teu mando universal R. Deste xeito, accedes ao portal xeral do Vídeo Baixo Demanda, no que podes filtrar por cine, series, documentais, xénero...:
 |
 |
|
|
|