|
|
 |
instalación do servizo
 |
 |
Técnicos especializados de R encárganse da instalación e mantemento dos servizos de teléfono, internet e televisión no teu fogar.
Unha vez que a rede de fibra óptica chegou ao teu domicilio podes solicitar a instalación, ben na na mesma solicitude de servizo, ben no teléfono gratuíto 1445, ou a través do teu asesor comercial ou distribuidor autorizado, ofreceráseche o día e hora que máis che conveña para realizar a instalación.
O técnico repasará contigo como será a instalación antes de comezar, deixando plenamente operativo o teléfono*, configurado o contestador avanzado, o teu pc conectado e navegando por internet** co correo e seguridade R*** configurado, e a túa televisión perfectamente sintonizada.
Finalmente, o instalador facilitarache un kit de benvida para máis información e uso dos servizos de R.
|
 |
 |
|
|
 |
|
 |
 |
| A instalación básica inclúe a instalación dun punto de terminación de rede integrado para os servizos de teléfono, internet de alta velocidade e televisión, a conexión dos terminais mercados ou alugados a R, así como o cableado e tomas indicadas no seguinte cadro segundo o paquete de servizos contratado: |
 |
 |
A instalación básica é propiedade do cliente, con excepción do punto de terminación de rede, e conta cunha garantía de 6 meses. A reutilización de tomas de telefonía propiedade do cliente resta unha toma de teléfono da instalación básica, tamén se descontarán aquelas tomas instaladas na vivenda nunha instalación previa de R |
 |
 |
| Facturaranse 39€ (46,02 IVE inc.) en concepto de desprazamento do instalador**** en incidencias causadas por equipos do cliente, e instalacións de tomas adicionais e outros equipos de forma non simultánea coa alta |
 |
| · |
* se solicitaches a portabilidade de número facilitaráseche un número de teléfono provisional mentras non se fai efectiva a portabilidade desde o teu antigo operador |
 |
| · |
** para servizos con cablemódem con pc con tarxeta ethernet e sistema operativo Windows 98 SE ou superior |
 |
| · |
*** servizo de contratación opcional |
 |
| · |
**** gratis co servizo de mantemento avanzado |
|
|
|