R  / na túa casa  / internet  / axudas
español   galego
combos
por que R?
novas
teléfono
internet
televisión
móbil
tenda R
 cliente R 
· alta velocidade
· dominios R
· wi-fi
· wifimedia
· internet móbil
· internet no desco
· plc
· seguridade R
· axuda R
· ollomol
· outros servizos
· velocímetro
· axudas

axudas para contratar internet

axudas para contratar internet

en R vimos de firmar un convenio coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia para colaborar no programa de axudas para a contratación de internet dirixido ás familias con menos recursos económicos.

contía:

o programa establece a concesión dunha única subvención por unidade familiar do 40% do custo da tarifa mensual da conexión a internet durante un ano, cunha contía máxima de 180 € (16,36€ durante 11 facturas).

a alta da liña e o importe íntegro da primeira cota mensual do combo con internet será asumido por R.

quen pode solicitar as axudas?

as beneficiarias destas axudas son as familias que cumpran os seguintes requisitos:
  • residir en Galicia e estar empadroado no domicilio para o que se pida a subvención

  • ter unha renda per cápita familiar inferior a 9.000€ (é dicir, a renda familiar dividida entre o número de membros da familia debe ser menor desa cantidade)

  • solicitar un novo acceso a internet e que no domicilio non haxa contratada unha conexión á internet nin se dera de baixa nos tres meses anteriores á solicitude

tramitación:


o prazo está aberto dende o pasado 2 de xaneiro, de maneira que se cumpres os requisitos e estás interesado en acollerte a estas axudas, non tes máis que chamarnos ao 1445.

máis información